CRTVG

Buscar

Os vixilantes do Camiño

Capítulo 9: Xabarín contra o mal tempo

07/03/2019 15:09 h

Algo raro está a suceder en toda Europa desde hai tres meses e ata a chegada de agosto que non para de nevar, mentres os meteorólogos non lle poden encontrar ningunha explicación e os nenos se divirten coa nevee incluso Xabarín viaxa ata Way Site para informar do estrano fenómeno. Pero Merlín parece coñece-la resposta, xa que o malvado millonario Dabondo creou unha máquina para manipula-lo tempo provocando unha nova glaciación en toda Europa. Guiados polas antigas profecías de Merlín, os viaxeiros chegan ó laboratorio de Dabondo, en Mont Blanc, e unha vez alí son capturados por Max e Minio e condeados a convertirse en xiados. Mentres tanto, Merlín atopa unha solución no seu libro de profecías e trata de transmiti-la información ós viaxeiros, a través de R-7, aínda que non poden descifra-la ata que Max sufre un accidente de consecuencias impensables.

Atopar capítulo por: