CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 14: A Estrada

11/02/2020 23:30 h

A Estrada está formada sobre un cruce de camiños entre as provincias de Pontevedra e A Coruña, e ata alí viaxarán os nosos presentadores para coñecer os lugares máis emblemáticos deste concello pertencente á comarca de Tabeirós.

Ledicia Sola visitará o elegante Pazo de Oca, cuxos xardíns son considerados o “versalles galego” e que forma parte da Ruta da Camelia. Víctor Fábregas fará o propio coa Ruta da Sidra, indo á Sidrería Camino Atlántico para coñecer o sabor do xugo de mazá fermentado totalmente galego. Ademáis coñecerán as marxes do río Ulla a través dunha ruta cicloturística e poñerán a proba as súas cordas vocais marcándose uns tonos coa coral polifónica estradense. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: