CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 4: Silleda

05/11/2019 23:00 h

Ledicia Sola e Víctor Fábregas, os aventureiros de ‘Vou que teño que ir’, deciden hoxe visitar o concello de Silleda e quedan no Recinto Feiral, aínda que son tan grandes as súas instalacións - é un dos máis grandes de España - que teñen certa dificultade para atopárense. 

Despois dunha charla co seu director, Ledicia visitará o mosteiro de Carboeiro, de arte románica do século XII, hoxe sen orde que o ocupe, pero cunha grande actividade cultural. Da man de Víctor, os espectadores visitarán a milagreira Penadauga e percorrerán a senda da fervenza de Férveda, coñecendo algunhas das lendas da contorna. Antes de xantar, Ledicia proporalle a Víctor un tranquilo paseo a cabalo nas instalacións da Granxa de FervenzAventura, rematado o cal, cada un elixirá un sitio para comer: Ledicia, o Nós Restaurante, do hotel Eco Nós, onde probará cociña de autor km 0, con produtos da zona, mentres Víctor dará boa conta duns petiscos e un bo viño da casa na taberna Casa Gerardo.

Xa pola tarde, Víctor prepararalle unha sorpresa a Ledicia e logo cada un pasará a noite nun dos recunchos máis incríbles da zona.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: