CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 20: Lugo

24/03/2020 23:00 h

Con máis de 2000 anos de historia, Lugo é a cidade máis antiga de Galicia e tamén a única cuxa muralla se conserva intacta en todo o seu perímetro. O pasado castrexo e romano de Lugo será unha das principais leccións dos nosos presentadores, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, que viaxarán ao pasado grazas aos membros das asociacións “Lugdunum” e “Senatus Lucus Augusti” e a Pablo Núñez, coñecido escritor lucense.

Ledicia continuará a súa visita histórica na Domus de Mitreo, unha vivenda romana baixo terra. Mentres, Víctor coñecerá a contorna fluvial do río Miño, o parque preferido dos lucenses, e responsable de que Lugo sexa ademais, cidade Reserva da Biosfera.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: