CRTVG

Buscar

Especial

Volven Mucha e Nucha. 15 anos ten Ardebullo

18/04/2018 22:15 h

O programa fará un percorrido por todos os momentos cheos de gargalladas deste mítico dúo cómico formado por Touriñán e Pereiro, que conseguiron meterse nas casas dos galegos e galegas e levan 15 anos facendo rir a fartar os espectadores. Desde as famosas Cantareiras, as dúas irmáns máis coñecidas de Galicia, que puxeron Ardebullo no mapa coas súas versións musicais e as trasnadas das fillas da Conexa, Mucha e Nucha, ou as creacións máis sorprendentes de Xosé Ramón e o seu pinche Moncho, pasando polos efectivos dispositivos de Silveira e Fandiño coa súa Protessión Sivil. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: