CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Volvemos ao instituto

12/05/2018 15:45 h

“Vivir Aquí” volve ao instituto. Estes centros educativos teñen durante estes días as aulas abertas e rebumbio nos seus corredores para celebrar o Día das Letras Galegas.
María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano, foi tamén profesora de instituto, así que o programa visita varios centros de ensino, algúns cunha actividade moi centrada no escritor que lles dá nome e, outros, cunha longa historia e tradición. 
Edificios solemnes e clases que se viven nas rúas. Aniversarios que reúnen antigas amizades e novos xeitos de aprender. Todos eles son lugares de lembranzas e desexos, como comproban os reporteiros e reporteiras nos centros de educación secundaria Eusebio da Guarda da Coruña, Valle-Inclán de Pontevedra, Celanova Celso Emilio Ferreiro, Díaz Castro de Guitiriz e Eduardo Blanco Amor de Ourense.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: