CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Vivir aquí. Programa 330: Que facemos cos rapaces?

18/07/2015 15:30 h

Campamentos de verán para aprender inglés, para estar en contacto coa natureza, urbanos ou mesmo deportivos, onde se adestran diversas especialidades, son algunhas das moitas posibilidades para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e para combinar o entretemento dos cativos coa aprendizaxe nestes meses de verán.

“Vivir Aquí” estará no Xurés para ver o contacto dos nenos co medio, en Portomarín para practicar actividades acuáticas, en Negreira para participar nunca granxa-escola, en Vilagarcía de Arousa para aprender a navegar a vela e nun campamento urbano de Santiago.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: