CRTVG

Buscar

Vivir aquí

O novo contra o cancro

08/02/2020 15:45 h

Índice de contidos

02:30 Rede Galega do Cancro de Colon
11:10 Nanoterapias contra o cancro
22:48 Diagnóstico por análise de sangue
32:01 Das propias defensas ás inmunoterapias

Na semana na que se celebra o Día Internacional de Loita contra o cancro, achegámonos ao máis novidoso en investigación desta doenza.

Segundo o Observatorio da Asociación Contra o Cancro, en Galicia cada ano se diagnostican uns 20.000 novos casos, é dicir hai uns 700 pacientes por cada 100.000 habitantes. Enténdese pois a cantidade de investigación que se está realizando nesta materia, que está facendo que términos como inmunoterapia ou nano-oncoloxía empecen a ser un presente que mellora moito o futuro dos que padecen cancro.

Coñecemos a REGICC, a rede Galega de Investigación do cancro Colorrectal, un dos de maior incidencia en Galicia,  que ten xa uns 30 grupos de investigadores en hospitais e universidades galegas obtendo resultados atendidos en todo o mundo. Tamén nos achegamos aos que desenvolveron a 'biopsia líquida' unha técnica de diagnose máis precisa e doada de soportar para os pacientes. Finalmente, recollemos as manifestacións d@s investigadores galeg@s con máis prestixio en inmunoterapias e nano-oncoloxía.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: