Vivir aquí
Traballos mal vistos
25/01/2020 15:45 h
Índice de contidos
Perseguindo defraudadores
É hora de dignificar os da ORA?
O bo facer dos guindastres
Unha funeraria 'especial'
O porcino moderno
O VIVIR AQUí desta semana pon o foco en traballos que case ninguén quere desempeñar a non ser que non atope outra cousa. Son traballos que, malia ser moi importantes para o funcionamento da sociedade, teñen mala fama e moitas veces fan que os que os desempeñan non falen abertamemente do que fan. Seleccionamos algúns destes traballos, cobrador#@ da ORA, condutor de guindastre municipal, cobrador de débedas, inspector de Facenda e traballador@ de granxa de porcos, para coñecer o seu día a día e que problemas teñen cos receptores do seus servizos.