CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Vivir aquí (29/01/2012) Balnearios

29/01/2012 15:45 h

 O equipo de “Vivir Aquí”, o programa que recolle as historias anónimas da xente e o seu día a día, marcha hoxe á chamada Galicia do país dos mil ríos, e tamén país da auga, por aquilo de que a auga é un elemento natural que nos envolve en forma de mar, de río, de lagoa ou mesmo de mananciais quentes, como os que buscaban os romanos hai vinte séculos. Os reporteiros foron na busca desas augas que curan e que teñen a súa capital en Ourense, a segunda cidade de Europa con máis caudal termal, e en Mondariz co mítico balneario da “Belle Epoque”, ao que acudiron xefes de goberno, millonarios e estrelas do mundo do espectáculo.

    Amais destas reportaxes, “O tesouro de Ourense” e “A memoria de Mondariz”, os reporteiros descobren tamén os novos usos da auga como as técnicas con auga de mar e a talasoterapia que ten a “Casa da Auga”, na Coruña.

    O denominador común de todas estas historias da auga é que se trata de augas que curan pero tamén símbolos do descanso e do luxo. Así, veremos como funciona o Gran Hotel da Toxa e a conversión das “Augas Santas” de Ferreira de Pantón nun símbolo do novo turismo termal.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: