CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Vivir aquí (15/01/2012). A Galicia máis doce

15/01/2012 15:45 h

 O equipo de reporteiros de “Vivir Aquí”, o programa que lles pon voz aos protagonistas das historias anónimas de cada día, sae hoxe á procura da Galicia máis larpeira, a que morre polas lambonadas, porque non hai comarca que non se prece de ter os seus produtos estrela da terra; así, de entre todos os doces buscaron os feitos de améndoas,  que ocupan boa parte das sobremesas galegas; pero tamén nos van descubrir os secretos de dous doces, a moi coñecida Torta de Santiago e o Roscón de Vilalba.

    Pero, falando de doces tradicionais, os reporteiros non se puideron resistir aos “melindres” e van buscalos a Silleda, onde atoparán a José Tábora, que representa a cuarta xeración de reposteiros dun dos doces populares galegos; non se puideron resistir ao chocolate con churros, un dos doces incondicionais que gustan a todas as idades, podéndoo comprobar nunha das cidades con maior tradición chocolateira, A Coruña, e tamén atoparon a versión futura da cociña doce, nun curso dirixido a nenos co cociñeiro Víctor Gómez.

    A Galicia doce non se pode entender sen as creacións que día a día se están a facer nas cociñas de todos os fogares, porque en moitas casas hai auténticos “profesionais” que poderían competir coas pastelarías máis reputadas, como o caso de Berta Castro, colaboradora da Radio Galega, que lles abriu a porta da súa cociña.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: