CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Vivir aquí (06/05/2012)

06/05/2012 15:30 h

  O equipo de “Vivir Aquí”, o programa que nos descobre as historias anónimas que non chegan aos titulares, convídanos a vivir a primavera que nos envolve con mil e un sentidos, unha primavera galega reflectida na festa dos Maios, que, aínda mollada  despois da seca do inverno, sempre é a estación máxica en que agroma a natureza e con ela as nosas vidas. Os reporteiros do programa seguirán hoxe as actividades dos compoñentes da asociación de veciños Boureante, de Poio, en todo o laborioso proceso de creación do maio: recoller flores, o enfiado e a decoración das coroas, as dornas, etc.

     Na orde dos sentidos, os reporteiros tamén reflectirán os novos sabores da estación que nos achega a primavera: a pataca nova, os chícharos e outros alimentos que se poden ir observando, de camiño a Ribadumia, para ver como cambian os traballos do campo, e ata O Grove para probar os pratos da tempada.

   Pero o retrato desta estación quedaría incompleto sen dedicarlle atención ás primeiras comuñóns, cerimonias relixiosas que se foron convertendo en “vodas” en miniatura, coas sesións fotográficas, probas de perruquería, os traxes de marca ou o convite.

Atopar capítulo por: