CRTVG

Buscar

Vivir aquí

O cocido de Lalín / A herdanza de Picadillo / Cocido de Estrelas

07/02/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:15 Nostalxia do cocido
10:15 A herdanza de Picadillo
20:18 Cocido de Estrelas

O VIVIR AQUI lembra a importancia das festas dos meses máis fríos do ano, que malia esta etapa de pandemia chea de restriccións, cólanse no día a día dos galegos.

Por exemplo, na gastronomía, agora estariase celebrando o mes do cocido en Lalín. Achegámonos á capital do Deza para saber como o viven este ano e tamén para lembrar unha das receitas máis tradicionais deste plato, feita nun dos restaurantes de máis sona da comarca.

Pero hai outros cocidos de sona, como os que fixeron famosos duas personaxes senlleiras da nosa historia, Manuel María Puga y Parga,  coñecido como "Picadillo" da Coruña e a súa amiga  Emilia Pardo Bazán. Coa neta de Puga y Parga recreamos estes cocidos literarios.

Pero o cocido dá para moitas propostas, incluídas as máis  modernas, como a que nos fixo o único cociñeiro galego con dúas estrelas Michelin, Javier Olleros, no seu mítico restaurante Culler de Pau do Grove, un cocido para os padais máis innovadores

Atopar capítulo por: