CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Preparados para a 'Tanxuverbena'

14/05/2022 11:30 h

Programa musical especial para celebrar o Día das letras Galegas. 

Coas mulleres do momento, as Tanxugueiras, organízase unha verbena na que cantan os seus temas máis coñecidos e comparten escenario con outros cantantes e grupos de sona ou emerxentes que definen a música galega actual, como Andrés Suárez, La Quinkillada, Grande Amore, Familia Caamagno, Xoana e Boyanka Kostova.

E como convidada especial de fóra, Rozalén. Unha auténtica festa para a noite do 17 de maio deste 2022 no que se recuperan parte das festas perdidas coa pandemia do coronavirus.

Atopar capítulo por: