CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 15

24/11/2017 17:30 h

Pilar vendía queixos nas feiras, e agora saca toneladas ao ano coa Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa. A esta emprendedora visionaria, convidada en “Vivan as Tardes!” xa comeza a sucedela o seu fillo Juan.

O seguintes protagonistas do programa viviron 5 meses a pan e auga por falta de recursos. Hoxe Isabel e Rafael sobreviven con 300 euros ao mes e veñen para contar como se sae adiante nestas circunstancias.

Finalmente, o espazo presentado por Pili Pampín e Yolanda Vázquez recibe a vista de Florencio, a quen as mostras de cariño lle desagradan, e Pilar, que aborrece que a toquen. A pesar disto, ambos os dous viven un idilio permanente.

 

Atopar capítulo por: