CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Vilaxoán, as ondas do mar do traballo

29/09/2019 15:45 h

Porto onde se respira o ambiente de traballo, o de Vilaxoán, con cento cincuenta socios na súa Confraría, dedicados ao marisqueo a pé, ás artes menores e cun importante polígono bateeiro. No marisqueo a pé atopamos a Rita Lucio, mariscadora de grande vitalidade. Na praza de Vilagarcía tomamos un café con Carmen Tarrio, peixeira de Vilaxoán. Xantamos no restaurante As Eiras con mariño Teo Cardalda, ameixas preparadas por Xefa Torres. Uxía Vázquez e Álvaro Cardalda traen a música culta e popular do mar de Arousa. No INTECMAR falamos coa súa directora Covadonga Salgado. Do pasado conserveiro falamos con Purita Bemposta e Carmiña Couso. E ao mar de Arousa saímos, aos trasmallos con José Ranó.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: