CRTVG

Buscar

Top 10

Vilas mariñeiras

23/11/2013 20:00 h

  O programa busca a vila ou lugar mariñeiro favorito dos galegos. O equipo sae ás rúas da costa  para coñecer os gustos da audiencia neste sentido. Serán as favoritas as vilas da Costa da Morte, como Camariñas, Laxe ou Fisterra, ou as das Rías Baixas, como Portonovo, Combarro ou A Guarda? Ou irán os tiros máis ben cara a vilas do norte como Rinlo ou Ribadeo?

  Para coñecer máis das preferencias dos galegos en canto a lugares mariñeiros, “Top 10” conta coa opinión de expertos como o xornalista Eduardo Rolland, moi documentado en canto a xeografía galega; o fotógrafo Xoán Arco da Vella, un amante da imaxe que ten inmortalizado case toda Galicia, e a guía María Lorenzo, que amosa e informa os visitantes galegos e non galegos do bo da nosa terra.

Atopar capítulo por: