CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Vilanova, romance mariñeiro

22/09/2019 15:45 h

A orixe dos romances de Ramón María de Valle Inclán teñen, sen dúbida, a súa orixe na terra costeira de Vilanova de Arousa, onde hoxe hai unha importante Confraría con catrocentos cincuenta socios, que traballan o marisqueo a pé e a flote, as artes menores e as bateas.

José Manuel Nogueira traballa de mergullador e hoxe vai ao longueirón. Na zona marisqueira imos falar con Dula Piñeiro. Xantaremos ameixas con fabas preparadas pola mariscadora Esperanza Lema no restaurante de Óscar Casaldarnos. A Asociación Folclórica Valle Inclán tráenos as músicas dos seus nenos e nenas. Do futuro das bateas falamos con Marcos Leiro. Imos sentir o pulso peixeiro na praza de abastos con Cari Cardalda. E pensabamos saír ao mar con Javier Rey pero levantouse o vento e falamos con el na súa lancha en porto.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: