CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Vieira, maxia feita mar (Cambados)

29/04/2018 15:45 h

“Pescadores de Historias” visita Cambados, vila metida de cheo en plena campaña da vieira. O sabor inconfundible, propio, deste bivalvo fai que se poida considerar como un dos froitos do mar máis máxicos. 
O programa fala co patrón maior Ruperto Pérez para coñecer este esforzo en que están implicados moitos traballadores e traballadoras. Tamén conversa co patrón do barco Lito Agra, un mariñeiro que leva máis de 40 anos traballando o mar. Ao regresar do mar fala co presidente do colectivo de vieiristas de Cambados, José Luís Martínez; coa xerente da empresa Porto de Cambados, Mar Ambroa, posta en marcha pola Confraría de Cambados, que conta como conseguiron mellorar os beneficios tras encargarse do proceso de eviscerado na propia empresa. 
Ademais, unha das traballadoras da planta de eviscerado da vieira, Masé Pérez, explica como se fai este traballo, que precisa dunha gran precisión para deixar a vieira limpa e non estragala. O programa remata cunha visita a Lourdes Somoza, no restaurante Casal de Umia. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: