CRTVG

Buscar

Galegos

Víctor Moro

03/05/2014 20:30 h

O economista Víctor Moro fala do que lle é propio e do que nos é común a todos na serie documental “Galegos”, que unha semana máis emprende unha viaxe a través das olladas reflexivas de personaxes sobranceiros da política, a economía e a cultura galegas.

 Moro foi subdirector xeral do Banco de España, director xeral de Pescanova, deputado nas Cortes e esperanza branca do galeguismo de centro que puxera en marcha Franqueira. Pero non é optimista sobre o futuro de Galicia: a desfeita das caixas de aforros, o que acontece con Pescanova, a situación portuaria, o rural, etc.

 Víctor Moro ten claros os motivos polos que as cousas non van mellor e atribúelles aos partidos políticos galegos boa parte de responsabilidade no que pasa porque, ou ben son subsidiarios de estruturas superiores, ou ben o que lles preocupa por enriba de todo é opoñerse por sistema a quen di o contrario.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: