CRTVG

Buscar

Casamos!

Vero e Alberto

18/09/2014 22:30 h

Os espectadores galegos coñecerán hoxe a Vero e Alberto, que se atoparon no momento oportuno, cando máis precisaban o cariño do outro. Vero tivo que madurar axiña para afrontar as situacións máis duras e Alberto tampouco tivo unha vida sinxela.

Ao principio, a relación non contou coa aprobación agardada, pero eles sempre tiveron claro que ían permanecer xuntos. Hoxe, despois de dous anos de noivos, Vero e Alberto casan e, ademais, van ser pais. O programa achegará grandes sorpresas e emocións con esta voda, que contén toda a felicidade que esta parella santiaguesa merece.

Atopar capítulo por: