CRTVG

Buscar

Luz verde

Velocidade

29/07/2017 20:30 h

O exceso de velocidade é unha das principais causas da mortalidade na estrada. O programa presenta a historia dun condutor novel, sen experiencia, que decide coller o coche familiar e se confía, facendo pouco caso dos límites de velocidade. Nas súas mans está a súa propia seguridade e a da súa moza, que viaxa con el no vehículo. Calquera elemento inesperado na vía pode converterse nun obstáculo fatal. Pola contra, a detección desta infracción pola Garda Civil de Tráfico pode poñerlle fin a esa condución arriscada. Dúas alternativas que darán finais moi distintos á vida destes rapaces.

A velocidade excesiva ou inadecuada ás condicións da vía é unhas das infraccións máis frecuentes e causa dun número importante de accidentes. De feito, máis de 300 persoas morren ao ano por esta causa nas estradas españolas. Ademais, a velocidade elevada fai tamén que empeoren as consecuencias dun posible accidente, elevando ata nun 20% as posibilidades de sufrir un sinistro mortal só con pisar o acelerador para ir un 5% máis rápido.

Neste capítulo escoitamos á responsable en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, o tenente coronel Francisco Javier Molano e os axentes Alberto Álvarez, José Manuel Amado e Héctor Teixeira.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: