Veciñ@s
Barrios de Teis, en Vigo, e de San Lázaro, en Santiago de Compostela
26/02/2023 22:40 h
Esta semana, 'Veciñ@s' visita o barrio de Teis, en Vigo, e tamén o de San Lázaro, en Santiago de Compostela. Na cidade olívica acompañaremos aos residentes mentres fan as súas cousas cotiás: pasear por unha carballeira milenaria, sorprender a unha amiga do traballo ou cantar a pleno pulmón nun bar cos amigos. Despois, en San Lázaro, degustaremos o famoso prato de uñas de porco do barrio e aprenderemos que o seu ingrediente secreto é facelo entre todos os veciños.