CRTVG

Buscar

Cuestións persoais

Vanessa de Lalín

12/12/2016 23:30 h

O programa de coaching da Televisión de Galicia, “Cuestións persoais”, enfróntase unha semana tras outra cos problemas persoais e laborais de cidadáns que precisan de axuda. Nesta entrega, a coach Teresa Hernández afronta o caso dunha moza de Lalín, Vanessa, que con 33 anos precisa axuda para sacar a flote a súa vida. Vanessa sufriu un fracaso amoroso, o que a fixo entrar nunha fase anímica depresiva. Teresa axuda a protagonista a sacudir o compadecemento que a lastra para que poida recuperar de novo a enerxía e alegría que sempre a caracterizou.


 

Atopar capítulo por: