Vaia troula

Vaia troula. Especial Día do Carme

17/07/2012 - 22:15 h
Compartir en Facebook

Os reporteiros Paula Señarís, Alicia Lombán, Elena Portela e Bernardo Montaña non perderon ningún detalle das celebracións que tiveron lugar pola mariña lucense en Foz e Cervo; nas Rías Altas visitaron as localidades de Cariño e Camariñas e nas Rías Baixas achegáronse ata Boiro, Cambados, Marín, Vilaboa, Redondela, Cangas, Panxón, Baiona e Oia.

Neste percorrido por algunhas das vilas mariñeiras, os espectadores poden ver as procesións terrestres e marítimas con algúns dos actos máis arraigados na tradición de honrar a Virxe do Carme como as danzas gremiais e de arcos de Cariño, Camariñas ou Baiona; a mestura relixiosa e lúdica coa que celebran estas festas nas vilas de Boiro e Cambados ou o fervor que envolve as celebracións de Redondela e Foz.

Con este especial, a TVG ofrece unha viaxe na honra dunha das santas máis arraigadas e con máis tradición de toda Galicia. Non só é patroa de cidades, vilas, parroquias, aldeas ou lugares. A Virxe do Carme é tamén patroa do mar e de todos os homes da mar.   

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.