CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 57. Vaia troula (30/09/2012)

30/09/2012 22:30 h

 A presentadora Nieves Rodríguez, aínda que lle dará a benvida á audiencia desde o Mercado de 1900 do Valdoviño, non se conformará tampouco cunha soa celebración e acudirá amais a Festa do Mexilón de Redondela e a XII Concentración de Seat 600 de Lugo. 

    Pola súa parte, as reporteiras do programa, Paula Señarís, Mercedes Seixo e Alicia Lombán, gozarán da festa das Fachas do Saviñao, da romaría da Saínza de Rairiz de Veiga, da romaría do San Miguel de Breamo de Pontedeume, da romaría de Santa Minia de Brión, da Festa da Zorza e da Tortilla de Besada de Fornelo de Montes, da romaría de San Cosme e San Damián de Baiona, co seu mercado de produtos típicos elaborados con noces e mel, e da Feira das Cabras de Merlán, en Chantada.

    O programa contará coa ambientación musical de El Combo Dominicano, orquestra Marimba e Armonía Show.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: