CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 55. Vaia troula (16/09/2012)

16/09/2012 22:30 h

 “Vaia troula verán” inicia o seu periplo festeiro en Vilanova dos Infantes, concello de Celanova, onde están celebrando as festas da Virxe do Cristal. Ao longo da edición, Nieves Rodríguez tamén os sauda desde Guitiriz en plena celebración das festas do Ecce Homo e desde esta vila ata Coristanco onde enxalzan o seu produto estrela: a pataca.

    Ademais destas celebracións, a troula continúa por Galicia adiante cos reporteiros do programa que estiveron en Tomiño, nas festas de Nosa Señora do Alivio; no Barco de Valedoras, na XLVI edición do Descenso do Sil en piragua;  cos  romeiros da Virxe da Barca de Muxía; na festa da Barquiña de Ponteceso; no Feirón Mariñeiro de Rianxo; no Ecce de Homo de Guitiriz; nas festas de San Cibrao no Carballiño, na xira fluvial de Pontedeume e na romaría da Vires dos Milagros de Amil.

Atopar capítulo por: