CRTVG

Buscar

Vaia troula

Vaia troula (14/10/20129

14/10/2012 22:30 h

O equipo de “Vaia Troula” pecha este domingo a súa temporada festeira despedíndose da audiencia que o acompañou durante o verán ao grande e presente nunha boa festa como a que se está desenvolvendo no Grove, a XLIX Festa do Marisco.

Nieves Rodríguez e o equipo de reporteiros formado por Alicia Lombán, Paula Señarís e Bernardo Montaña non queren marchar sen antes contarlles todo canto aconteceu en celebracións como a da Terceira Idade da Guarda, no Domingo das Mozas do San Froilán de Lugo, na XIV edición do Oenach Atléntico de Narón, na Feira Histórica do Dezaoito de Cuntis, a Festa do Labrego da parroquia cambadesa de Vilariño, na Festa da Empanada de Millo de Salcedo, en Pontevedra, na Festa do Viño tinto do Salnés de Ribadumia, ou o churrasco e verbena coa orquestra Panorama que houbo en Culleredo.

Como remate desta temporada de “Vaia Troula” o equipo do programa serán os encargados de pechar con música e interpretando a canción “Vaina Loca” de El Potro Álvarez.

Atopar capítulo por: