CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 54. Vaia troula (09/09/2012)

09/09/2012 22:15 h

Pontedeume e Rianxo son os puntos desde os que os saudan Nieves Rodríguez e o programa “Vaia troula verán”. A vila de Pontedeume esta en plena celebración da Festa das Peras e os rianxeiros, como cada ano, réndenlle homenaxe a súa Virxe da Guadalupe.

    Doutro lado, os espectadores e seguidores do programa seguirán de troula cos reporteiros, que os levarán por outras celebracións galegas coma: a Feira Tradicional de Ponteareas, as festas de Sanxenxo onde honran a santa Rosalía, o Carme e san Xenxo; as Festas de San Roque de Vilanova de Arousa nas que se inclúe a gran carreira de burras; a queima das fachas de Taboada; a procesión marítima de Rianxo; a celebración do San Pipote de San Sadurniño; a Festa do Viño do Pelete da Lama; as carrilanas marítimas da Laracha; a romaría da Virxe da Franqueira, da Cañiza e o Rosario de fachos dos veciños de Baños de Molgas co que honran a Nosa Señora dos Miragres.

A música de hoxe é a de Astarot, El Combo Dominicano e Armonía Show.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: