CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 49. Vaia troula (05/08/2012)

05/08/2012 22:30 h

Desde Herbón, onde se celebra a XXXIV edición da Festa do pemento, Nieves Rodríguez, acompañada pola música das orquestras Israel, Aché e o grupo Primera Línea, da conta doutras moitas celebracións en Galicia.

 Algunhas das festas que percorreron esta semana os reporteiros Alicia Lombán, Paula Señarís e Bernardo Montaña son: a Festa da Carballeria, en Zas; a romaría de Santa Marta de Ribarteme, nas Neves; a Oenach Atlántico, de Narón; a procesión de San Fins de Arbo, unha das máis longa de Galicia; O berro de Cabana, un dos actos míticos da romaría de San Fins; a elección da raíña e damas da Festa do Albariño, de Cambados; as Festas de Ortigueira, na honra da súa patroa Santa Marta e da patroa dos emigrantes, a Virxe da Caridade do Cobre; as Festas de Piñeira, en Monforte de Lemos e a troula viquinga que montan todos os anos na parroquia de Redes, en Ares.

Atopar capítulo por: