CRTVG

Buscar

Os días de Suso

Uxía e Judith cumpren o seu soño / Lista precisa coidados nos seus ollos

05/06/2013 22:45 h

Coma cada mércores, volven á Televisión de Galicia “Os días de Suso”, programa en que os espectadores poden seguir o día a día dun veterinario no rural galego. Nesta nova aposta pola realidade máis próxima, séguense as aventuras cotiás dun home que traballa desde a mañá ata a noite para salvar a vida dos animais que o precisan. 

“Os días de Suso” comprobará hoxe que o cariño polos animais non coñece límite. Ás veces son os máis pequenos os que lle propoñen os retos máis grandes ao veterinario. No capítulo desta noite, Suso cumprirá o soño das xemelgas Uxía e Judith. Os espectadores verán tamén como un can de rastro chamado Lista precisa con urxencia que un especialista como Jaime solucione os seus problemas de visión. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: