CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 3

07/02/2016 22:15 h

A simple vista, a prioridade de Daniel é que lle dean a alta para poder operar un paciente, pero necesita a axuda dun dos seus adxuntos, o que o obrigará a organizar unha proba para elixir o seu adxunto no quirófano.

A lista de transplantes funciona en base a criterios médicos: gravidade do receptor, viabilidade e compatibilidade. Non se mira o nome, nin a profesión, nin a influencia. Aínda así, cando o receptor é un pederasta, a polémica entre o persoal da unidade de transplantes está asegurada. Por iso, o doutor Serantes fixo unha advertencia: non quere ningunha filtración á prensa, cousa que non tarda en suceder. O Francisco Balmis vese invadido por xornalistas e curiosos, unha situación imposible no peor momento posible. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: