CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 2

31/01/2016 22:15 h

O tempo xoga en contra da Unidade de Transplantes do Francisco Balmis. Moncho quere que lle consigan un corazón a Xulia, a súa muller, e para conseguilo ameaza de morte a doutora Muíños cun bisturí. Ante a situación de perigo en que se atopa a súa compañeira, Losada dá un paso á fronte. Primeiro porque Xulia é a súa paciente e, segundo, porque, aínda que lle custe admitilo, é a súa ex-parella, a que está ameazada. 

Mentres tanto, Laura e Xurxo non son capaces de controlar o estado de Ramiro e Lito. Os dous, pai e fillo, necesitan un transplante de fígado e de momento non aparece ningún órgano compatible. 

Un dos segredos de Eva Muíños sairá á luz: a súa filla. A noticia da presenza da rapaza no hospital chega a todos os recunchos, esnaquizando o fráxil equilibrio que impera. A razón? A posibilidade de que Losada sexa o pai. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: