CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 1

24/01/2016 22:15 h

A volta desde Barcelona da doutora Eva Muíños causa un verdadeiro terremoto entre o persoal do Hospital Francisco Balmís. O máis afectado é o doutor Losada, que intentará forzar a saída do hospital da muller coa que estivo a piques de casar, aínda que para iso teña que chantaxear a xerencia do centro.

O primeiro día de Muíños no hospital non é doado, xa que, ao pouco de comezar a quenda, chegan un pai e un fillo cun problema hepático moi severo que os leva a precisar un transplante de urxencia. Pero atopar dous fígados compatibles non vai ser tarefa doada e haberá que tomar unha terrible decisión: escoller a quen salvar.

Ademais, o doutor Losada intentará por todos os medios posibles conseguir que Xulia, unha das pacientes, que sofre unha enfermidade cardíaca severa, sexa declarada de urxencia. O problema é que o seu desexo choca frontalmente cos criterios médicos que rexen a lista de transplantes.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: