CRTVG

Buscar

Alalá

Uruguai (II)

01/12/2008 22:05 h

A pesar de que aínda hoxe 36.000 galegos viven no Uruguai, este é un país moi descoñecido en Galicia. Por exemplo: a popularidade do tango en Uruguai onde é a música por excelencia - non unicamente en Arxentina. Desta cultura empapáronse os galegos que se asentaron nesta beira do río da Prata e influíron tamén fondamente nela.

É o caso do “Viejo Pancho”, José María Alonso y Trelles, un galego nacido en Ribadeo que está considerado en Uruguai un dos principais poetas gauchescos. O mesmo Carlos Gardel cantou algún dos seus poemas.

Outro exemplo das viaxes de ida e volta da música galega na emigración uruguaia é o de Cristina Fernández, unha neta de galegos que forma xunto co seu home, Washington Carrasco, un dos dúos máis coñecidos da música popular do país e que ten varios discos gravados en galego.

Tamén Manuel Losa é un magnífico exemplo do sentimento dos galegos que se asentaron e prosperaron en Montevideo pero nunca deixaron de soñar con Galicia e de lembrala coa música e a palabra. Este libreiro que toca o bombo na Banda de Gaitas Irmandade descubriu a vocación de escritor despois de recoñecerse nunha fotografía a bordo do barco que e o levou a América. Desde entón, e en pouco máis dun ano, publicou tres libros nos que recolle as súas vivencias como emigrante e as de outros que, coma el, tiveron que marchar un día de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: