CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Unha noite na eira do trigo

05/03/2013

Outro exemplo de como a arte dun gran poeta e a dun gran músico se unen para crear unha canción que axiña se fai popular pola súa beleza. Neste caso foron o poeta Manuel Curros Enríquez e o mestre compositor José Castro “Chané” os autores dunha obra que se popularizou en Cuba e que fala dun amor truncado pola emigración.

 Curros, unha das grandes figuras do Rexurdimento galego, xunto con Rosalía e Pondal, naceu en Celanova en 1851 e morreu na Habana en 1908. Marchou a Madrid con 15 anos e non fixera aínda 18 cando escribiu a letra da canción, que titulou como “Cántiga”. Pero enseguida comezou a ser coñecida popularmente como “Unha noite na eira do trigo”.

 A primeira vez que se musicou o poema foi coa axuda dunha guitarra e o autor foi o estudante Alonso Salgado, que compartía cuarto con Curros. Anos despois, o compositor Xoán Montes fixo unha versión para voz e piano. Pero sería a melodía do mestre “Chané”, outro emigrado a Cuba con quen Curros fixo moita amizade, a que quedaría para a historia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: