CRTVG

Buscar

Caseiros

Un traballo en equipo

12/03/2014 22:30 h

Os protagonistas da serie “Caseiros” acudirán este mércores á súa cita cos espectadores da Televisión de Galicia cunha pregunta: cal é o produto ao que nunca renunciaría a pesar da crise? Lola consegue un traballo de enquisadora a domicilio e comeza enquisando a Viruca e Eladio, que non se poñen de acordo sobre que responder, pero axiña chega a unanimidade: o produto imprescindible é o papel hixiénico.

 

        Ante esta oportunidade de mercado, Eladio non perde o tempo e encarga centos de rolos. Un emprendedor coma el sabe que a innovación é necesaria, así que, en lugar de vender o papel por rolos, faino por centímetros e mesmo por ración individual. Para dar a coñecer o produto, nada mellor que organizar unha “degustación” en que participen todos os veciños, unha ocasión ideal para “cagala”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: