CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Un canto a Galicia (Julio Iglesias)

12/03/2013

 Un ano despois de gañar o Festival de Benidorm en 1968, Julio Iglesias publicou o seu primeiro disco, “Yo canto”. No ano 1972 lanzou o seu segundo LP, “Por una mujer”, onde se incluía “Un canto a Galicia”. Foi entón cando comezaron a forxarse a súa fama e éxito internacional.

“Un canto a Galicia” foi para un Julio Iglesias aínda mozo unha gran promoción nas comunidades galegas de todo o mundo. Co paso dos anos, cando se converteu nunha estrela internacional, a canción será unha gran promoción para a nosa terra. O tema acadou o número 1 nas listas de vendas de países como Francia ou Alemaña e puxo Galicia nos mapas de todo o mundo. De feito, durante moito tempo foi a canción que abría os concertos de Julio en calquera lugar onde actuaba.
 
Neste programa, o propio Julio Iglesias fai un percorrido pola súa vida a través das diferentes entrevistas que a estrela da canción lle concedeu á TVG. Outro dos convidados é o xornalista coruñés Ezequiel Pérez Montes, que colaborou co cantante na composición da letra de “Un canto a Galicia”. Tamén interveñen persoas que trataron a Julio Iglesias, como Xosé Luís Blanco Campaña, e outros que coñecen a súa traxectoria como o crítico musical Moncho Lemos.

 Ademais, escoitanse as diferentes versións que fixeron de “Un canto a Galicia” para o programa artistas como o compositor e pianista Abe Rábade, o cantautor Emilio Rúa e o Cuarteto Egeria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: