CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 2: Tunes

08/07/2010 22:28 h

O equipo do programa estará hoxe acompañando a distintos galegos que se estableceron en Tunes, internándose nas súas vidas e motivacións, como o caso de Manuel Lijó, de Muros, subdirector de hotel nunha das zonas máis turísticas, Hammamet, un apaixonado polo fútbol que algunha vez xoga con futbolistas da selección tunesina; Modesto Alonso, de Bueu, xerente dunha empresa que se dedica a forrar de coiro os volantes dos coches, que nos recibe na súa casa nas aforas da capital, e tamén Eva Casanova, profesora de español na Universidade de Tunes e no Instituto Cervantes, que nos conta como se vive a tolerancia do culto relixiosos nesta sociedade.

Outros relatos de galegos en Tunes remóntanse a 1978, cando Mª Luísa Segura, coruñesa, casou cun tunesino en Gran Bretaña e no 2003 o matrimonio decidiu fixar a súa residencia en Tunes, onde agora son propietarios dun salón de té. Vannos amosar Korbous, unha vila balneario moi frecuentada polos tunesinos. Doutro lado, o contraste entre o Túnez máis popular e o máis caro e exclusivo, verémolo con Marcos García, un enxeñeiro compostelán de 27 anos que leva pouco máis dun ano traballando nunha empresa francesa encargada de realizar as obras de electrificación da liña ferroviaria do tren que comunica o centro co sur do país.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: