CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Pais e xefes (traballar en familia)

03/03/2013

 Se o teu xefe é o teu pai ou á túa nai, ou se os teus irmáns son os teus compañeiros de traballo, pode que no xantar do domingo se fale máis de como vai a empresa que de como está o cocido. Tamén pode pasar que as discusión do taller continúen despois da fin do horario laboral ou que iso das vacacións non se saiba moi ben cando empezan ou terminan.
   Son algúns dos inconvenientes de traballar coa familia, tema do capítulo “Pais e xefes”. Son as partes negativas, pero tamén as hai moi positivas, e non poucas.
   Cóntannolo en Abadín, onde fomos a un restaurante en que están a traballar os bisnetos dos fundadores; e en Palmés (Ourense), onde compartimos xornada con Antonio e cos seus dous fillos, incluído o rito de ir tomar unha cervexa antes de volver para a casa. Ou no Carril, onde fomos testemuñas de como traballan xuntas tres irmás, o pai e a nai nunha pequena conserveira.
   O novo capítulo de Vivir Aquí ten dúas paradas máis, unha na Coruña, onde comprobamos de primeira man o orgullo dos pais de Miguel Ángel Hernando ao velo á fronte da ferraxería da casa. E por último, pechamos programa en Narón coa historia de traballo e familia ao redor dun taller mecánico de Mariña, Fernando e aos seus dous fillos, Fernando e David.


Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: