CRTVG

Buscar

Alalá

Toxos e Froles

27/07/2011 22:05 h

A historia do “Real Coro Toxos e Froles” é a historia de boa parte da música tradicional de Ferrol durante o século XX. Se a primeira actuación foi no centenario teatro Jofre de Ferrol en 1915, a primeira gravación sonora data de 1922.  

Ao longo do século XX “Toxos e Froles” centrou no coro o protagonismo musical, pero xunto a el estiveron o grupo instrumental ou toda a maquinaria institucional para o mantemento da música tradicional de Ferrol a través de actos culturais.

No museo de Toxos son incontables os premios e condecoracións recibidas coma título de “Real” outorgado por Afonso XIII ou a medalla de Galicia.  

“Toxos e Froles” é máis que un coro de voces, máis que un centro cultural é máis que unha academia. Esta institución é historia viva, non só da música tradicional de Ferrol, senón tamén de toda Galicia.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: