CRTVG

Buscar

Vidas de pazo

Touza - Cotón - Miraz - Couto de San Paio

16/03/2013 09:15 h

Nuria Fernández-Cervera Román e Rosa Fernández-Cervera Neira cóntannos a historia do pazo da Touza, na localidade pontevedresa de Nigrán, dedicado agora á hostalería.

Visitamos o pazo do Cotón, no concello coruñés de Negreira, cun dos seus coprietarios, Ángel Pardo de Vera Fabeiro. O pazo foi construído sobre unha parede que era como unha fortaleza. Unha das curiosidades deste edificio é que unha estrada cruza por debaixo dun dos seus arcos e algún dos seus salóns voa sobre a vía pública.

 En terras do concello lucense de Friol, entramos no pazo Torre de Miraz, onde os irmáns José Saavedra e Luís Saavedra explican como, ao igual que no caso do pazo da Touza, tamén foi construído en dúas épocas diferentes: primixeniamente existía unha torre, de finais do século XIII, que foi a base para que con posterioridade, probablemente no século XVIII, se construíse o edificio empregado como residencia familiar.

 Finalmente, percorremos o pazo do Couto de San Paio, na localidade ourensá de Castro Caldelas, da man dun dos seus copropietarios, Luís Taboada Blanco.

 

Atopar capítulo por: