CRTVG

Buscar

Estache bo!

O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Roberto, da Queixería Barral en Pantiñobre (Arzúa), para recoller queixo tetilla. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña. E por iso, hoxe tocou cociñar: Torrado de pataca e queixo tetilla con coello fritido.

Ingredientes:

Para o torrado: - 1 kg de patacas - 1 queixo tetilla - 1 culleriña de ourego - 1 culleriña de pemento doce - 1 culleriña de pementa - 1 culleriña de sal - 1 cunca de leite - 2 ovos - Perexil fresco - Sal e pementa

Para o coello en adobo: - 1 coello picado en anacos pequenos - 2 dentes de allo moi picados - 1 culleriña de perexil - 1 chile fresco - Aove - Sal e pementa - 1 culler de viño branco - 1 culler de vinagre - 1 culler de soia

Elaboración:

Para torrar as patacas co queixo tetilla, poñemos o fondo dunha bandexa de forno con pataca cocida, enriba o queixo adobado con pemento doce e ourego, outra capa de pataca, e cubrimos cunha mestura de ovos batidos, leite, sal e pementa. Enfornamos 30 minutos a 180 graos.

Para adobar o coello precisamos allo, perexil, chile, vinagre, viño, soia, sal, pementa e aceite. Deixamos dun día para outra macerar. Escoamos e friximos o coello despois de pasalo por fariña. Nun cazo reducimos o adobo, empratamos a pataca co queixo, o coello, a salsa e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: