CRTVG

Buscar

Larpeiros

Todos queren café

13/03/2018 22:00 h

Os “Larpeiros” da TVG falan do café, unha bebida que resulta amarga e difícil a primeira vez que se proba, pero que logo acaba formando parte imprescindible das nosas vidas. O café seduce porque cheira moi ben, reconforta, esperta e tamén lle dá un sabor moi interesante a moitas lambetadas. Un toque de café en biscoitos, xeados e cremas queda riquísimo. E non só nas lambetadas, xa que tamén hai pratos salgados que reciben moi ben o aroma dun pouco de café.

Benigno Campos pensa que é o día perfecto para ser valente e cociñar algo con café. A receita escollida é un guiso de polo con salsa de café. Outra aposta arriscada é a ensalada con aliño de café.

A Guarda é o destino de Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro. Alí, da man de Mateo, aprende todos os segredos do café e do seu tostado. Ten que facer unha cata para poñer os seus coñecementos a proba e chegar de volta feito un experto na materia.

Como non podía ser doutro xeito, esta aromática bebida tamén é un ingrediente fundamental na sobremesa que preparan Merchi e Leni: biscoito de café con crema de café.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: