CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Todo listo para o Apóstolo

22/07/2017 15:45 h

Estes días Santiago reborda. Turistas, peregrinos, visitantes....milleiros de persoas concéntranse no corazón da cidade. O programa comproba como é todo o operativo que se realiza na catedral para o 25 de xullo. 
Imos camiño de bater un novo récord cos que chegan pola ruta xacobea, como constata “Vivir Aquí” coa súa visita á Oficina do Peregrino. Increméntanse tamén as medidas de seguridade con unidades especiais -caninas, de cabaleiría e por subsolo- e botan fume os obradoiros que transforman a repostaría típica nunha lembranza doce de Compostela. 
Ademais, as zonas verdes engalánanse para ofrecer a súa mellor cara, a dunha cidade chea de personaxes tradicionais - como son o minuteiro, as rutas troianas e a tuna -, que vive durante estas festas un intenso terraceo na zona vella.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: