CRTVG

Buscar

Tesouros no faiado

Programa 8

23/09/2017 15:45 h

Tesouros no Faiado”, o programa das antigüidades da TVG, viaxará nesta nova entrega ata Ourense para vivir en primeira persoa todo o que rodea unha feira de antigüidades. Manolo Piñeiro achegarase a esta cita, en que se xuntan máis de 40.000 obxectos traídos de moitas partes do mundo. Incribles xogos de prata da época isabelina, arte oriental ou as primeiras edicións de “Follas Novas” e “Sempre en Galicia” serán algúns dos obxectos que ao anticuario lle encherán o ollo.

 Carme e Manolo viaxarán ata Becerreá para coñecer un dos coleccionistas de antigüidades con máis sona de Lugo: Antonio González “Guillén”. Poderanse ver diversos obxectos de etnografía dos Ancares, unha zona que Guillén ten moi dominada, xa que foi alcalde do municipio lucense de Becerreá durante moitos anos.

Pola súa parte, Luís Varela viaxará ata Cerdido. Dionisio, un coñecido agricultor da zona, chamouno para que lle vise as vellas ferramentas de traballo que ten nun alpendre gardadas. Alí, o anticuario dará cunha vella malladora á que lle devolverá a vida de novo. 


 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: