CRTVG

Buscar

Un país en 360

Terras de Pontevedra

28/03/2020 11:00 h

Estíbaliz Veiga fará un circuíto saltando dunha árbore a outra a once metros de altura en Marín, porase de xeonllos para pasar por baixo do altar de San Benitiño do Lerez, percorrerá as rúas de Pontevedra xunto o gran actor Celso Bugallo, estará en Combarro, na Illa das Esculturas, no Museo de Pontevedra e na Igrexa de Santa María.

Tamén asistiremos a un concerto de Cadelo Lunático, coñeceremos Campo Lameiro, a capital galega da arte rupestre, e voaremos sobre Cotorredondo desde onde se divisa toda a provincia.

Atopar capítulo por: