CRTVG

Buscar

Documental

A terceira póla. Un recanto de fala galega en Estremadura

19/05/2021

Achegamento a un particular enclave do Val de Xálima, un recanto no noroeste de Estremadura que mantén viva unha variedade de galego desde que a principios do século XIII aquelas terras fosen repoboadas con colonos orixinarios das zonas de Ourense e Zamora.

Un camioneiro orixinario de Valverde do Fresno, Estremadura, fala na que dí ser a súa lingua materna, un idioma prácticamente igual ao galego, que se fala nun val estremeño illado, nunha comunidade de 5000 habitantes, que mantén viva unha variedade de galego e portugués desde que a zona foi repoboada na Idade Media con xente orixinaria de Galicia.

Pero, como vive hoxe este galego? Os galegofalantes de Estremadura (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello), opinan sobre a orixe da súa lingua, falan da súa identidade e tamén dos seus vencellos con Galicia. A expresión "terceira póla" é usada por moitos filólogos para referirse a esta terceira variante lingüística derivada do tronco común galego e portugués (galego medieval), pois ademais do galego actual e do portugués, ese tronco tería dado lugar a partir do século XIII a esta variante que aínda vive, séculos despois, na illa lingüística do Val de Xálima, unha zona situada na actual confluencia das provincias de Salamanca e Cáceres con Portugal.

Atopar capítulo por: