CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Tenche que gustar

28/04/2013

Hai cousas nesta vida para as que hai que ter cualidades especiais, unha certa vocación: "TENCHE QUE GUSTAR" para poder facer delas a túa profesión ou a túa afección.
Non todos valemos para traballar pendurados dunha corda a 20 metros de altura, como os experto de poda Tino Meis e Andrés Dieguez, ou ter o tacto e vivir sen horario como fai Andrés Cardelle, que herdou do seu pai unha funeraria en Boimorto que agora estendeu a Arzúa.

Tenche que gustar pasar moitas horas e moitos días en completa soídade, se es vixilante dunha illa, como Roberto Castiñeira en Sálvora; ou manter a cabeza fría diante do ir e vir das ondas do mar, como fan as percebeiras da Guarda coas que botamos unha mañá.

E, por último, unha popular polémica gastronómica: gústache a lamprea ou non che gusta. O sabor característico deste manxar non é facilmente aceptado por todos. Para gozar da lamprea realmente "tenche que gustar".

Atopar capítulo por: