Zigzag Diario
Tempo Catro / Alberto García-Alix / Entrevista a Soledad Penalta / Isaac Díaz Pardo
21/01/2014 21:00 h
O programa cultural “ZigZag Diario” ofrece hoxe unha entrevista coa escultora Soledad Penalta, unha das poucas artistas que traballa co ferro nas súas creacións e que está a expoñer na Coruña a súa colección “Palabras precisas para encender un fuego”.
Outra das reportaxes do programa de hoxe centrarase na obra que o fotógrafo Alberto García-Alix está a expoñer no Kiosco Alfonso da Coruña. “El paraíso de los creyentes”, que así se chama, representa unha reflexión sobre o valor da imaxe e da palabra.
O sexteto Tempo Catro segue coa xira de presentación do seu traballo discográfico "Os ollos que falan".
Unha exposición amosa en Lugo o traballo coa cerámica de Isaac Díaz Pardo.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí